E despois dese gran acto de Comunicación Audiovisual ( ego...) chegou o de Xornalismo, que podería definir como gracioso e emotivo, á súa vez. Cuns grandes presentadores, e cunhas grandes madriñas, cousa que demostraron ó longo de todo o acto.
Pero sen dúbida, o máis intenso, chegaría despois na cea nese famoso hotel-restaurante, do que teño no meu poder, unha servilleta... Cando eu e outra "famosa comunicóloga" fixemos a nosa entrada triunfal , aquela sala do hotel era unha abalancha de alegría e baile. Debo agradecervos a todos que nos permitírades compartir esa noite tan importante, porque, para nós foi un pracer compartila con vós.
Despois destes dous últimos actos, espero que todas e cada unha desas persoas coas que compartín experiencias marabillosas, sigan estando ahí, sempre porque no meu corazón xa teñen un espazo moi importante e moi grande.
Noraboa meus pequenos, e á vez tan grandes xornalistas... Só agardo que cada vez que poña a radio, lea a prensa ou vexa a televisión escoite a vosa voz, lea unha noticia vosa ou vos vexa. Porque o que sí teño clarísimo é que a décimo-terceira promoción de xornalismo é unha promoción chea de grandes talentos, e que aínda que o número trece estea presente, sei que todos ides ter moita sorte.
Como ben dixo unha nai de sobra coñecida, algúns xa quixestes ser xornalistas desde pequenos... Grandeeeee e guapaaaaa, así como todos os pais...
MOITAS FELICIDADES 13ª PROMOCIÓN DE XORNALISMO (eu creo que a mellor, que non se pique bolseiro...)
2 comentários:
gracias por vir amorrrrrrrrrr
e tan elegante, perra!!!
Que riquiña! :)
Enviar um comentário