21 de maio de 2007

NOVOS XORNALISTAS


E despois dese gran acto de Comunicación Audiovisual ( ego...) chegou o de Xornalismo, que podería definir como gracioso e emotivo, á súa vez. Cuns grandes presentadores, e cunhas grandes madriñas, cousa que demostraron ó longo de todo o acto.

Pero sen dúbida, o máis intenso, chegaría despois na cea nese famoso hotel-restaurante, do que teño no meu poder, unha servilleta... Cando eu e outra "famosa comunicóloga" fixemos a nosa entrada triunfal , aquela sala do hotel era unha abalancha de alegría e baile. Debo agradecervos a todos que nos permitírades compartir esa noite tan importante, porque, para nós foi un pracer compartila con vós.

Despois destes dous últimos actos, espero que todas e cada unha desas persoas coas que compartín experiencias marabillosas, sigan estando ahí, sempre porque no meu corazón xa teñen un espazo moi importante e moi grande.

Noraboa meus pequenos, e á vez tan grandes xornalistas... Só agardo que cada vez que poña a radio, lea a prensa ou vexa a televisión escoite a vosa voz, lea unha noticia vosa ou vos vexa. Porque o que sí teño clarísimo é que a décimo-terceira promoción de xornalismo é unha promoción chea de grandes talentos, e que aínda que o número trece estea presente, sei que todos ides ter moita sorte.

Como ben dixo unha nai de sobra coñecida, algúns xa quixestes ser xornalistas desde pequenos... Grandeeeee e guapaaaaa, así como todos os pais...

MOITAS FELICIDADES 13ª PROMOCIÓN DE XORNALISMO (eu creo que a mellor, que non se pique bolseiro...)

14 de maio de 2007

FELICIDADES LICENCIADOS EN COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL -- > CONTA ATRÁS XORNALISMO

Dende logo, creo que os dunha resi de sobra coñecida, en vez de adicarnos ó mundo da comunicación, deberíamos montar un taller (chiste que non fai nin chisco de gracia). Non, de verdade, que mala sorte temos ultimamente. Son cousas que nubran os días... Estou pasando unha mala racha, pero supoño que estas malas rachas pasan co tempo...

Pero , de todos xeitos este fin de semana, foi glorioso... Desfrutei do mellor acto de licenciatura que se podía ter... Grandísimo o discurso de Pereira, que sen dúbida, era coma as súas clases... Precioso o dos meus compañeiros e orixinal o de Luis.

Grazas a todos por esa noite tan longa, que acabamos no Galicia, como debe ser. Algúns desayunando e outros comendo pizza... ejem. Esa cea que estaba riquísima e eses bailes que nos marcamos nesa peazo pista... Grazas por todo iso e tamén por estes catro anos xuntos, que foron inolvidables. Felicidades licenciados!!!!

E tamén gracias os que lles toca para o fin de semana que vén por vir ó meu acto, sen vós non sería o mesmo... Xa me dixeron que algún de vós lle caera algunha lagrimiña no meu acto... Nervioss.... nerviosss..... Estou desexando vervos, que vades ir wapísimos segurooooo! E vervos as seis da maña, todos cheos, contándome anécdotas da cea....

Iso sí , antes temos unha cita pendente, o concerto de La Quinta Estación e a Ascensión en sí!!!
PD: Temos pisitoooooooooooooo!!! Hidromasaje...