28 de junho de 2007

VAI DE DESPEDIDAS


El mismo camino
que nos ha visto crecer,
el mismo camino
que nos une y nos separa.
el mismo que un dia
sueño vuelvo a recorre,
el mismo, los mismos
NO QUIERO QUE CAMBIE NADA.
las mismas palabras
que me unieron ante ayer,
las mismas palabras
que nos juntaran mañana.
los mismos sentidos
que ahora vuelven a encender,
aquellos recuerdos
que ahora me atan a tu espalda.
La vida no fue igual sin ti,
sin ti la vida ya no es nada.
de que me serviria vivir,
si al FINAL NO TE ENCONTRARA.
Nos prometimos
junto al mar nunca cambiar.
y aquellas olas
hoy ahogaron las palabras.
ahora que todo
vuelve al fin a su lugar.
desde esta playa,
ganaremos mil batallas.
desde hoy y POR SIEMPRE.
MIS AMIGOS SOIS EL FUERTE,
junto al alma
de mi suerte.
La vida no fue igual sin ti,
conmigo aqui no estaras solo.
Ya se de que sirvió vivir
si al FINAL NO TE ENCONTRARA.


Bueno, esta canción de Amaral, que non me preguntedes porque a coñezo, é moi especial para min e expresa todo o que vos quero dicir a todas esas persoas que levades conmigo estes catro anos e que sodes o máis especial que teño. Só sustituide o "ti" polo "vós" e xa está. Só quero dicirvos que non vai cambiar nada e que hoxe e sempre, seredes unha das cousas máis importantes da miña vida. A frase final exprésao todo: xa sei de que serviu vivir, se o final vos atopei.

QUÉROVOS UN MONTÓN A TODOS. E trankilos, sen que nos dé o baixón, que sempre nos quedará o Porrón e miles de cafés que tomar, cando todos sexamos ricos e famosos...

25 de junho de 2007

FELIZ


F-E-L-I-Z porque rematei os exames, porque estou moi cómoda no meu traballo, pola noite de San Xoán, pola anterior, porque este mércores, teremos unha nova inquilina no piso, porque hoxe comin cereixas, porque mañá vou comer ensalada de pasta, porque por fin saiu o sol, porque me encantan as tardes con estes personajes na casa... Por todo, e grazas a todos vós, hoxe estou moi feliz.

18 de junho de 2007

SEGUIMOS CON VÓS


Non puido ser, fixestes unha boa recta final, pero a sorte non acompañou ó final. O importante é que a afeción segue estando ó voso lado, tanto en segunda como en primeira. Ánimo, que para o ano volveremos subir e imos dar moita guerra.... diso non cabe dúbida...

Despois deste mensaxe de ánimo, só dicirvos ós blogueiros e fotologueiros, que creo que hoxe fixen o peor exame da miña vida, e o peor é que non foi culpa de non estudiar... non... Foi... o de sempre... Xente que che quere poñer a vida difícil e conségueo, vaia se o consegue.

BIKOS A TODOS!PASADEO XENIAL!SORTE NOS EXAMESS! EU, VENRES ÚLTIMO!

9 de junho de 2007

PISITOOOOOO

Bueno, pódese dicir que hoxe tivemos a primeira festa de inaguración do novo piso no que imos vivir alns preas . Iso sí, foi unha inaguración, cunha compañía fantástica, pero que conste que faltaba moita xente... ¿Como será a nova vida no piso? Supoño que fantástica, porque cos compañeiros de piso tan maravillosos que teño... Os que faltades, logo tedes que vir facer unha visitiña, eh??

Cambiando un pouco de tema, creo que odio escribir guións e que me equivoquei de carreira, porque me estou amargando cunha adaptación que teño que facer... e cun exame que espera.... Esta vida loca loca loca..... lalalalalalalalalala....

Por hoxe nada máis que dicir. Ah! si! Noraboa L.