29 de abril de 2007

22 en boa compañía


Grazas polos regalos, por vir e por facer do noso cumpreanos a mellor festa do mundo. Os regaliños, que, por outro lado, non se merecen, lindísimos. Grandes momentos como sempre na vosa compañía.

Bueno, nesta foto falta alguén, alguén que día a dia se convirte nunha persoa máis importante para min. Quero que ese alguén recorde que a quero un montón e que sempre que necesite algo, sempre vou a estar aquí. E que me suba ese ánimo, porque é a que moi fai subir a min, a que me fai rir... que faría eu sen ela? que faríamos todos sen ela? Nada. Grazas por como te portas comigo sempre.

E tamén outra nena que meteu a pata onde non debía... ajajaja! Mellórate. Extrañámoste.

Todos e cada un de vós sodes especiais para min por algún motivo. Nunca cambiedes. E que sempre poidamos estar así de unidos, tanto como agora, tanto como o estivemos onte. Sen dúbida unha das miñas mellores noites en Santiago.

E como non, se non poño, algunha mimosería, parece que non son eu... QUÉROVOS MOITO. Grazas polo momento Dirty Dancing con Jennifer López, polo momento Caramelitos e Gominolillas, tarta, e por moitísimos máis. Ata incluso polo momento mesa de ping pong.

Como diría unha personilla a que non lle gusta nada saír, ¿Qué faría eu sen vós?

5 comentários:

Caufield disse...

"o mesmo"
quérote pequena
por moitos máis!besiñoooooos

Arco_da_Vella disse...

Eu tamén!!!! E moito! A nanny... Miraxes...!BKS

Madeleine disse...

Parece mentira que non saibas que quen ti sabes non saiba o que debe saber. Sábeo todo! Aquí na casa, nesta habiatación coas persianas baixadas prá non molestar coa luz, é o momento que recorde que máis botei en falta o que anda por alá, sobre todo no que anda por dentro desa roupa estilosa que SEMPRE luce a rapasa de Piedrafita del Cebrero. E non falto na foto!! (como nas meninas, fijo que se aumentamos a foto muitomuitomuito pódeseme ver a min reflectida nos ollos de alguén... sobre todo de Pablo, que le molo ;)

Grazas por facerme rir, pensei que non ía ser capaz hoxe. Quérote

oko disse...

ainz, nena, eu tiña que estar aí. e agora co meu xeso (admito propostas para decoralo) creo que vou perder moitas festas máis... snif snif

sweet loretta disse...

Felicidades!Ya estás cuasi licenciada. Te quedan unas horitas na más. Gracias por lo del jueves, pequena!Bicos